Site icon Crónica3.com A Mariña

Todos os Concellos de Galicia quedan desde este mércores nas máximas restricións, nas que estaba Viveiro

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este luns as novas medidas decididas trala reunión do comité clínico. Todos os concellos terán peche perimetral. As reunións serán só de convivintes. O comercio pechará ás 18h. Os centros comerciais non abrirán na fin de semana e a hostalería pecha, agás para levar a domicilio. As universidades abandonan ata despois do entroido as clases presenciais. A mascarilla será obrigatoria tamén para correr. Son algunhas das medidas que entran en vigor este mércores en principio ó longo de 3 semanas.

Exit mobile version