Site icon Crónica3.com A Mariña

Un total de 1.512 persoas inscribíronse para participar este domingo no cribado de Viveiro

 Viveiro, 9 de xaneiro, 2021. Ante a elevada demanda de persoas interesadas en participar no cribado voluntario de mañá, a alcadesa de Viveiro, María Loureiro, mantivo esta mañá unha reunión coa xerencia da área sanitaria e decidiuse o seguinte:

-Aos traballadores e traballadoras de colectivos que lle facilitaron un listado de contactos ao Concello de Viveiro, se lles chamará para informar do seu horario.

-As persoas que se apuntaron de forma individual por teléfono ou correo electrónico, poden acudir ao pavillón municipal a facerse a PCR en horario de 09.30 a 17.00 horas.

O concello pide por favor que as persoas que non están apuntadas non vaian facerse a proba, xa que non será posible.

Un total de 1.512 persoas inscribíronse ata onte ás 13.30 horas e participarán mañá no cribado.

Dende o goberno municipal agradécese a elevada participación, “pois cremos que coa colaboración de todos os veciños e veciñas de Viveiro vamos a conseguir frear a cadea de contaxios e superar esta situación”.

Exit mobile version