Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha persoa perdeu a vida despois de saírse da vía co coche que conducía en Trabada

O accidente tivo lugar á medianoite deste luns na LU-P-6101, á altura do punto quilométrico 6, ao seu paso pola parroquia de Sante, neste termo municipal. De acordo coa información facilitada ao 112 Galicia polos equipos de intervención que acudiron ao lugar do sinistro, a persoa que conducía o turismo finaba ao saírse da vía e chocar contra un muro.

Exit mobile version