Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa recolleron os seus premios as gañadoras do concurso Ilumina o Nadal, convocado por Acisa

 Ribadeo, 12 de xaneiro de 2021. Xa recolleron os seus premios as gañadoras do concurso Ilumina o Nadal, convocado por Acisa. Trinidad Otero e Diana Quintana pasaron polas instalacións da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.
Siñeiro Hogar, na categoría de empresas, e Diana Nana Quintana Villamil, na de domicilios particulares, foron as afortunadas. Diana Nana Quintana recibiu 271 votos no facebook e Siñeiro Hogar 112. Cada unha das premiadas recibiu 200 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a Acisa Ribadeo.
En total foron 18 os participantes no Ilumina o Nadal, 8 na categoría de domicilios particulares e 10 no de empresas, e mais de 1.000 os votos emitidos nesta convocatoria que recibiu miles de visitas.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, agradeceu a participación neste concurso tanto dos domicilios particulares coma das empresas “por poñer esa nota de luz e de color neste Nadal diferente que nos tocou vivir”.

Exit mobile version