Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega subliña que a Xunta achega máis de 4.900 euros á asociación de amas de casa de Ribadeo

 Ribadeo, a 4 de febreiro de 2021. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo e deputado autonómico, Daniel Vega, destaca a achega de máis de 4.900 euros que a Xunta dirixe, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, á asociación de amas de casa de Ribadeo.

Trátase de axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres que, segundo o popular, contribúen a que o colectivo desenvolva distintas actividades; xa que “fan un traballo importantísimo e, como todos sabemos, as asociacións dispoñen de pouco presuposto”.

Vega sinala que, “nestes momentos non é posible desenvolver actividades; pero a asociación de amas de casa estaba desenvolvemento actividades antes da pandemia e programa xa outras para retomalas cando sexa posible”.

O voceiro popular avanza que “dende o Grupo Municipal seguiremos colaborando coas distintas asociacións de Ribadeo” porque, segundo defende, “dende as distintas administracións débese traballar para reforzar economicamente a estes colectivos dotándoos de orzamento”.

Exit mobile version