Site icon Crónica3.com A Mariña

Denuncian o uso indebido do Faro da illa Pancha en Ribadeo

Ribadeo, 14 de febreiro, 2021. Veciños e veciñas de Ribadeo preocupados polo uso da illa Pancha por unha empresa privada para apartamentos turísticos da illa Pancha constituíronse no colectivo “Polo noso faro”. Dito colectivo demandou a colaboración de Ecoloxistas en Acción ante o desleixo das administracións por responder así súas solicitudes administrativas e peticións de informacións.

A lexislación portuaria parte da regra xeral de prohibición de uso habitacional ou residencial, coincidindo co tenor da Lei de Costas que sinala que no dominio público portuario só poderán levarse a cabo actividades, instalacións e construcións acordes cos usos portuarios e de sinalización marítima, de conformidade co establecido ns Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante.

Os requisitos legais que permiten o eventual levantamento da prohibición para o seu uso hostaleiro deben obedecer a razóns de “interese xeral” debidamente acreditadas. En todos os casos, ha de intervir preceptivamente Portos do Estado emitindo o correspondente informe, o cal debe ponderar os motivos que xustifican a implantación do uso hostaleiro, e a súa harmonización co interese xeral informado pola Autoridade Portuaria.

Ecoloxistas en Acción reclama á Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao o informe no que se recollan os motivos que xustifican a implantación do uso hostaleiro e a súa harmonización co interese xeral. Ademais solicitan copia da autorización da Dirección Xeral da Costa e o Mar pola ocupación do dominio público marítimo-terrestre. A organización ecoloxistas sinala que no expediente debe constar tamén a autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Natural ou, no seu defecto, do departamento que corresponda da Consellería de Medio ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.

Na denuncia presentada Ecoloxistas en Acción solicita á Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao que se ordene incoar o correspondente procedemento sancionador e que na resolución que recaia no mesmo, ademais das sancións que procedan, impóñase ao infractor a obrigación de reparar o dano causado, e subsidiariamente, que indemnice os danos e prexuízos que non poidan ser reparados, impoñéndose ao infractor as multas coercitivas necesarias para cumprir o ordenado, en caso de non realizar voluntariamente a reparación ou indemnización impostas.

UBICACIÓN E CARACTERÍSTICAS DO FARO DA ILLA PANCHA

A dous quilómetros da localidade de Ribadeo (Lugo) localízase a illa Pancha. Esta illa está na parte máis occidental da Ría de Ribadeo e alberga un faro construido no 1857, operativo ata 1983 e dependente da Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao.

Polas súas características a Ría de Ribadeo ten recoñecidas varias figuras de protección:

.Zona Especial de Conservación “Río Eo”, ZEC ES1120002 de 982 has.
Humidal Protexido “Ría de Ribadeo”, de 614 has.
.Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) “Río Eo”, de 1.003 has. e “Ribadeo” de 536 has.
.Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”.
.Zona Húmida de Importancia Internacional (Convenio Ramsar) “Ría do Eo”, con 1.740 has. (Compartidas con Asturias).
.Zona de Especial Protección das Aves, ZEPA ES0000085 625 has.

A illa alberga os dous faros de Ribadeo. O antigo foi construído no século XIX e posteriormente substituído polo actual a finais do século XX. Segundo algunhas guías turísticas, está considerado como un dos faros máis fermosos de Galicia e tamén é o primeiro deles entrando nesta comunidade desde Asturias. Forma parte do Roteiro dos Miradoiros. Ademáis a illa está a 8 quilómetros da praia das Catedrais, declarado Monumento Natural segundo a Orde do 5 de xullo de 2020 da Xunta de Galicia de julio de 2020.

Exit mobile version