Site icon Crónica3.com A Mariña

Despedida de Juanma Marrube

Burela, 24 de febreiro, 2021. O ata o de agora técnico do Pescados Rubén Burela FS despediuse esta mañá da Familia Laranxa en rolda de prensa co sentimento do “deber cumprido” pechando unha etapa que “forma parte do camiño despois de 1200 días” á fronte do equipo de Primeira Masculina.

Despois de tres tempadas e media dirixindo o conxunto mariñán, na súa despedida o Mariskal tivo palabras de agradecemento para o club, a afección e o mundo do fútbol sala:

“Grazas ao club e directiva pola oportunidade. Grazas á familia do Pescados Rubén.
Grazas á afección, noteinos sempre preto e identificados co que transmitía o seu equipo.
Grazas aos xogadores destes catro anos. TODOS, as 4 TEMPADAS. Todos axudaron a transformar isto.

Grazas aos empregados do club. Son un valor engadido, un activo importante.
E como non? Grazas ao corpo técnico: Mera, Tulio, Míchel, Cristina, Miguel, Javi Couce, Casiano, Antonio, Anselmo, Guillén… un gran labor desinteresado.
A Cristian, Mario… Á Base pola súa grande importancia, reflexo do primeiro equipo.
TODOS me fixestes a vida máis doada.

Grazas por todas as mostras de apoio que estou a recibir, de adestradores, exxogadores…

Como lles digo sempre aos xogadores, forma parte do camiño e da cómoda vida do adestrador.
Voume coa satisfacción de transformar un equipo, uns xogadores en algo máis que iso, de ter unha visión para o club e conseguila; coa satisfacción e a tranquilidade do deber cumprido.
O máis importante é o que deixas e iso significa deixalo en mellor lugar do que o atopaches. FOI UN RETO BONITO.

Sempre estiven moi orgulloso de relacionar palabras con comportamentos, moi orgulloso de poñer rumbo e dirección, moi orgulloso de crear, manter e cumprir obxectivos. Os feitos para min son realidades.

Foron 1200 días da miña vida de Autenticidade, Claridade, Disciplina e Coherencia. Sempre tratei de facer e facer máis, iso é o meu éxito.
A loita diaria reflicte a cultura que deixamos. AMO O QUE FAGO.

A viaxe continúa. Cando tes un porqué sopórtase calquera como. AGORA toca a Familia.
Grazas a MARIAJO, GABRIEL E JIMENA. Agora toca devolvervos uns poucos deses días. SODES O VERDADEIRO MOTOR. Seguimos.”

Exit mobile version