Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 60 mulleres serán o motor lilá o 8M con actos de reivindicación en Foz, O Valadouro, Barreiros, Ribadeo, Cervo e Burela

 A Mariña, 12 de febreiro, 2021. Un ano máis, A Mariña ten presenza e actividade, dentro da Plataforma Feminista Galegas8M.

Máis de 60 mulleres son o motor lilá desta xornada de reivindicación na que organizarán actos en Foz, O Valadouro, Barreiros, Ribadeo,Cervo e Burela.

Consideramos imprescindíbel a mobilización na rúa e que as reivindicacións do feminismo sexan desde xa prioritarias á hora de afrontar a actual realidade social.

Esiximos que se coloque a vida no centro: urxe darlle o valor real a aos traballos que fan a vida posible.

Esiximos unha xestión/saída feminista desta crise.
Sen Coidados no Hai Vida, foi o lema que empregamos o ano pasado, poñíamos sobre a mesa, a necesidade de transformacións reais e xustas no noso sistema para que a igualdade se fixera real, posible e plausible, e non unha palabra valeira ca que cubrir e embelecer panfletos e papeis.

O sistema sobrecarga ás mulleres, a nós, á metade da poboación de forma que somos máis pobres, máis vulnerables e menos libres.
O noso sublema para a folga, na que intensificaremos e atravesaremos a mobilización nos coidados non remunerados, é: Mulleres en Folga: Esenciais, Precarizadas e Fartas

Faremos folga porque cremos nos coidados humanizados, respetuosos cas vidas e de calidade. Os coidados son esenciais, e como tal deben ser valorados. Pararemos os coidados para visibilizar a nosa sobrecarga, para facela visible

Faremos folga para esixir que non se faga negocio ca nosa saúde.
A privatización dos servizos esenciais para o coidado xenera máquinas lucrativas, énchense os petos dunhas poucas persoas mentras escravizan e empobrecen outras (99%mulleres)

Faremos folga porque queremos saír dos chans pegañentos, esiximos que o noso crecemento profesional non dependa da nosa vida persoal, imos rachar os teitos de cristal…faremos folga para que o mundo sexa tamén NOSO.

Estamos fartas! Queremos ser libres para ser.
Pese a situación de emerxencia sanitaria, non podemos deixar de mobilizarnos, non van a confinar as nosas loitas tras as portas

O uso de máscara será obrigatorio e respetaranse todas as medidas sanitarias de seguridade e prevención en todos os actos reivindicativos desta xornada

Exit mobile version