Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz acada o acordo unanime do pleno para solicitar o reforozo do Servizo de Correos coa reapertura da oficina postal en horario de sábado

Foz, 26 de febreiro, 2021. Tras da publicación do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que sedeclara o estado de alarma pola crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, a empresa pública Correos é considerada na obriga de garantir a prestación do Servizo Postal Universal. Está operativo o persoal estrictamente imprescindíbel para a prestación do servizo, e déixanse de prestar outros servizos encomendados dende a vaga privatizadora na que se viu inmersa nos últimos anos.

As oficinas de Correos actualmente permanecen pechadas os sábados tamén a de Foz, por moito que na oficina e na web de correos figura a apertura em horario de sábado. Isto provoca numerosos inconvintes a moitos usuarios que so poden realizar os trámites de servizo público este día. Os traballadores da empresa levan denunciando anos a carencia de persoal en todos os servizos que presta tanto de oficina, como no reparto e clasificación. Por todo o BNG de Foz propuxo e acadou o compromiso do pleno do Concello para instar ao Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana a adecuada dotación de persoal na empresa Pública Correos e a reapertura das oficina de Correos no Concello de Foz en horario de sábado.

Exit mobile version