Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG esixe explicacións á alcaldía pola retirada dos contenedores soterrados en varios puntos de O Valadouro

O Valadouro, 20 de febreiro 2021. Os concelleiros do BNG no Valadouro, Eduardo Chao e Eliseo Teijeiro Orol piden explicacións ao alcalde e ao concelleiro de Medio Ambiente pola retirada dos contenedores soterrados existentes en varios puntos da vila de Ferreira do Valadouro, cinco illas ecolóxicas que foran instaladas no ano 2011 con cargo ao Fondo de Compensacion Ambiental cunha inversión de 189.862€, para as cinco illas, e mais para un vehículo retrocargador para a recollida de lixo. Agora mesmo retiráronse os que estaban instalados na Avenida Deputación, frente ao xeriátrico, e na Avenida da Veiga, frente ao Centro de Saúde. ”Parécenos unha mala xestión dos cartos públicos, e tamén unha merma na calidade do servizo, por eso queremos saber cales son os motivos da retirada desa infraestructura medioambiental, e cal é tamén o coste da operación” afirman desde o BNG. E pregúntanse tamén “a que se debe o cambio de parecer do grupo socialista, cando no ano 2011 defendían a instalación dos mesmos?”. Todas estas cuestións serán levadas ao próximo pleno e preguntarán tamén se é intención do goberno municipal desmontar as tres illas restantes. “Parece que a alcaldía camiña marcha atrás na xestión do lixo”, conclúen.

Mala xestión da alcaldía e da concellaría de Medio Ambiente na da recollida do lixo
Para os nacionalistas chove sobre mollado no tema da recollida, sendo este servizo unha asignatura pendente na que o Concello do Valadouro suspende continuamente, pois recordan desde o BNG tamén a insitente negativa do goberno municipal de Edmundo Maseda a xestionar directamente o servizo, proposta que o BNG sempre defendeu, pois o servizo é moi mellorable e deben aumentarse as prestacións deste servizo, como demandaron en mais dunha ocasión Eduardo Chao e Eliseo Teijeiro, propoñendo algo de suma importancia como é a recollida selectiva de lixo no rural, que parece que se está empezando a facer a instancias do BNG, e a recollida de plásticos de silos.

Exit mobile version