Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Riotorto investirá este ano 2021 maís de 600.000€ no acondicionamento de camiños municipais e mellora de redes de saneamento nos pobos

Riotorto, 22 de febreiro, 2021. A Xunta de Goberno Local do Concello de Riotorto deu luz verde a aprobación de varios proxectos de acondicionamento e mellora de accesos a núcleos rurais municipais e de ampliación de redes de saneamento.

Os camiños que se arreglarán nos cales se extenderá unha capa de aglomerado en quente de 5 cm son:

Mellora de Accesos o barrio de Lorigados desde Ermida(Espasande de Abaixo) cun orzamento de 32.400 euros
Mellora de Accesos a Vilaseca(3 tramos) e Ferreiravella (Acceso principal) cun orzamento de 51.643 euros
Mellora de Accesos a o Cementerio-Explanada e acceso en Santa Marta(Torre do Moro) cun orzamento de 51.361 euros.
Mellora dos accesos entre Vilar de Meilán, Ramal e Espasande de Arriba con un orzamento de 74.358 euros
Mellora de accesos o barrio de San Pedro e Ramal desde Mundín cun gasto de 47.694 euros.
Acondicionamento da estrada que vai desde estrada deputación a Pouxaneiro por debaixo das cuadras de Simón e Cachapelo, mellora da estrada no lugar de Granxas(Ferreiravella) que vai a casa de Daniel desde a estrada provincial e en Villarin a vía que dá acceso a SAT MUNDIN. Estas 3 pistas teñen un orzamento de 50.000 euros.
Aglomerado da estrada que vai desde Abelleira(Santalla) a Lamas(Vilaseca) cun orzamento de 43.500 euros
Acondicionamento da estrada desde curva Teixeiro a barrio de Aldea(Espasande de Abaixo) cuio proxecto ascende a cantidade de 45.000 euros.
Mellora da estrada desde Espasande de Arriba a Bretoña pola Ladaiña cun importe de execución de 172.000 euros.

Outras das obras que se vai realizar este ano son:

1.-Ampliación da Rede de Saneamento no lugar de Lamas(Vilaseca) na que se van a investir 35.700 euros.
2.- Mellora da rede de Saneamento municipal en Mundín e Hortobello cun orzamento de 49.900 euros

Estas obras serán financiadas en parte con cargo o Plan único, outras con cargo o Fondo de Compensación, outras a través de diversos convenios e axudas solicitadas coa Xunta de Galicia e a través de fondos propios municipais.

Estas obras, demandadas polos veciños, despois de diversas reunións veciñais, consideramos que mellorarán a calidade de vida dos cidadáns e fixarán poboación no rural, xa que son servizos básicos.

Esiximos a Deputación provincial que cumpra as súas promesas de sacar a licitación a obra do Polígono Industrial e o acondicionamento inmediato da estrada LU-P-4404 que vai desde o Casco Urbano a Aldurfe pasando polo Teixeiro e Espasande de Arriba.

Exit mobile version