Os traballos forman parte do do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2021 da Deputación de Lugo e a actuación realizarase dende a estrada xeral ata o camiño da Igrexa.
O proxecto contempla o adecentamento e mellora do entorno, comprendendo as actuacións a realizar a pavimentación do firme con losetas de pedra de granito e a dotación dunha nova rede de pluviais para recollida da auga do entorno.
As obras dan resposta ademais ás demandas dos veciños e veciñas da zona, aumentando a seguridade viaria de vehículos e peóns.
Esta actuación forma parte do plan integral de mellora de viais e camiños posto en marcha polo grupo de goberno de Viveiro, tanto no casco urbano como nas parroquias.