Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela pon en valor o compromiso da Xunta con este municipio

Burela, a 02 de febreiro de 2021.- Dende o PP de Burela indican que “non podemos máis que agradecer o compromiso demostrado, unha vez máis, por parte da Xunta de Galicia con Burela. Nesta ocasión coas inversións xa anunciadas no ano 2020 e, finalmente tramitadas neste comezo do ano 2021”, manifestan os populares.

Refírense á adxudicación das obras da nave de redes do porto por valor de 267.000 euros e ao espazo que habilitará a administración autonómica na residencia para que os usuarios poidan saír e practicar deporte, así como a outras actuacións licitadas en 190.000 euros.

Deste xeito, segundo os populares, “a Xunta de Galicia saca para diante todo o que está a comprometer con Burela, sen ningún tipo de venda interesada de fume, tal e como si está a facer dende a alcaldía o Sr. Llano e o seu equipo”.
“A seriedade e o rigor que caracterizan as decisións tomadas pola Xunta de Galicia en Burela son a mellor garantía para o futuro inmediato da nosa vila” e, aclaran dende o PP, “se este tipo de decisións foran tomadas con determinación por parte do Concello dirixido polo Sr. Llano, canto mellor non lle iría a toda a veciñanza da nosa localidade”.

Exit mobile version