Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro acusa ao PP de apropiarse da súa proposta de axudas á hostalería

 Viveiro, 6 de febreiro, 2021. O pasado martes no Pleno Municipal de Viveiro, o PP local presentou unha moción para que Viveiro se adherira ao acordo entre Xunta de Galicia, Deputacións e Concellos para apoio da Hostalería galega, acordo a nivel galego, que xa antes da sesión plenaria, e lamentablemente por parte de todas as administracións non foi posible.
Na súa intervención, Manuel Galdo, defendeu e propuxo con claridade axudas directas á hostalería por parte do Concello de Viveiro, e cifrou no 1% do orzamento a proposta, entorno a 130.000€, ademais de engadir, remanentes do ano anterior co obxectivo de priorizar a axuda a todo o tecido comercial e hostaleiro local durante o ano 2021. Este proposta, foi engadida á moción presentada e que tivo o voto contrario do goberno socialista, e non saiu adiante.
Manuel Galdo, manifestou no día de onte “Por Viveiro traballa en exclusiva na defensa dos intereses das veciñas e veciños de Viveiro, aledámonos que calquera grupo apoie as nosas propostas e ideas para mellorar a vida dos nosos veciños. Pero unha cousa é apoialas, e outra distinta é facer apropiación indebida delas”
“En abril xa elaboramos o Plan de reactivación económica, conseguindo que Viveiro fose o primeiro Concello da Mariña cun plan destas características, e máis de 200 autónomos de Viveiro recibiron axudas directas, e indirectas a través das axudas ás asociacións de comerciantes. Esta é a nosa liña de traballo, estamos a disposición permanente da nosa xente, declarou Galdo
Para finalizar,o Portavoz Municipal dos independentes, Bernardo Fraga, declarou finalmente “Unha vez postos todos os medios, e atendida a emerxencia sanitaria por parte dos gobernos estatal e galego. En clave local, a prioridade absoluta do goberno municipal debe ser a adopción de medidas de contención e axuda económica, para o tecido comercial e hostaleiro, que supón máis de mil postos de traballo en Viveiro.

Exit mobile version