Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro pide o adecentamento do lavadoiro da Pontelabrada e a recolocación de sinais na rúa Benito Galcerán

Viveiro, 27 de febreiro, 2021. Por Viveiro presenta ao Pleno da Corporación Municipal de Viveiro, os seguintes:

ROGOS:
1. O lavadoiro da Pontelabrada presenta un estado lamentable. Dous anos despois da Riada que o destrozou en parte, os danos seguen sen reparar. Así mesmo, atópase cheo de pintadas e cunha pésima imaxe para veciños e visitantes. Rogamos ao equipo de goberno, proceda á súa reparación.

2. Na rúa Benito Galcerán, na rotonda, existen dúas sinais mal colocadas, baixo o noso criterio. Unha no medio da beirarrúa, que ocasiona problemas de circulación dos peóns, e a outra situada detrais dunha columna de pedra, o que provoca que os automóbiles teñan pouca visibilidade.
Rogamos ao equipo de goberno, proceda o cambio de ubicación das citadas sinais.

Exit mobile version