Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo foi escenario do primeiro curso de elaboración de programacións didácticas para oposicións de FP, que organizou Apaga

Ribadeo, 22 de febreiro de 2021. Ribadeo acolleu na xornada de onte, domingo, o primeiro curso de elaboración de programacións didácticas para oposicións de FP, que organizou Apaga (Asociacións de Profesores de Automoción de Galicia). Unha ducia de persoas acudiron á cita.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, dixo que “foi un curso, deseñado para xente que se vai presentar a oposicións, no que se abordaron temas como a programación, as unidades didácticas e todo ese tipo de cuestións”.

A formación deseñada pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia seguirá nas vindeiras semanas. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono 639 88 49 45 ou á páxina web, www.apaga.es.

Exit mobile version