Site icon Crónica3.com A Mariña

Todos os usuarios e usuarias así como o persoal do Hospital Asilo de Ribadeo recibiron este venres a primeira dose da vacina contra o covid19

 Ribadeo, 12 de febreiro de 2021. Todos os usuarios e usuarias así como o persoal do Hospital Asilo recibiron hoxe a primeira dose da vacina contra o covid19. Para o alcalde, Fernando Suárez, trátase dunha moi boa noticia.

O rexedor dixo que “hoxe continuamos cunha boa nova en relación coa loita contra o coronavirus nas residencias de maiores de Ribadeo. A primeira hora desta mañá foi por fin aplicada a vacina no Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro, logo de ter superado o gromo que o afectou nas últimas semanas. As vacinas foron postas á totalidade de usuarios e persoal, unhas 42 persoas, xa que todas elas aceptaron sen problema a recepción da mesma”.

Fernando Suárez sinalou que “esta é a primeira dose, tendo en conta que a segunda hai que poñela a partir das tres semanas seguintes. Evidentemente, hai que seguir mantendo as precaucións de comportamento, contacto, visitas, et, para lograr a máxima efectividade”.

Para o alcalde “desde logo que é unha moi boa noticia o feito de xa ter posta esta vacina así como o feito de que neste caso, todos os usuarios con capacidade de decisión ou no seu caso os familiares que poden decidir polos que non o poden facer, optaron por poñer a vacina”.

Exit mobile version