Site icon Crónica3.com A Mariña

“A bombo e platillo”, por Carlos Fernández Louzao

Acabamos de ver como se inaugura unha área de autocaravanas na praia de Esteiro. Congratulámonos por tal acontecemento! Por fin se levou a cabo un proxecto que o BNG de Xove levaba no programa electoral do ano 2011. Dez anos despois danse conta no PP local que está ben diversificar a actividade económica, que hai que darlle pulo ao turismo, que non se deben xogar todas as cartas a Alcoa.
Asistiu á inauguración algún persoeiro do PP de Galicia; chegou ata Xove o Vicepresidente Rueda. Cavilade un pouco… todo un Vicepresidente de Feijóo inaugurando unha área de autocaravanas, non haberá cousas de máis peso nas que facer presenza en todo o país? Agora cavilade un pouquiño máis, que grandes proxectos se fixeron en Galicia dende que Feijóo é presidente da Xunta de Galicia, aló polo 2009? E non falamos daqueles barcos de PEMEX, que todos sabemos o mal que rematou aquela historia.

Carlos Fernández Louzao. Concelleiro de BNG Xove

Exit mobile version