Site icon Crónica3.com A Mariña

A Oficina de Turismo de Barreiros abre nunha nova localización

Barreiros, 24 de marzo de 2021. O venres 26 de marzo e de cara á Semana Santa abre a Oficina de Turismo de Barreiros que contará cunha nova ubicación. Este servizo prestarase no recibidor da entrada do Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

O horario de atención ao público durante a Semana Santa será o seguinte:
Desde o venres 26 de marzo ata o sábado 3 de abril:
Mañás: de 10.00h a 13.30h.
Tardes: de 16.00h a 19.00h.
Domingo 28 e luns 29 pechada.

O Concello de Barreiros formalizou a contratación dunha nova Técnica de Turismo no mes de xaneiro. Dende o primeiro momento estívose traballando na adecuación deste espazo para a prestación deste servizo demandado por veciños e visitantes. Así, dotouse de mobiliario e adaptouse o espazo á normativa Covid e ás necesidades propias deste traballo.

Poden poñerse en contacto a través do correo turismo@concellodebarreiros.gal, no teléfono 982 134 400 / 606 835 626 e a través das redes sociais de Instagram e Facebook co nome de “Barreiros Turismo”.

Exit mobile version