Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto ata o 26 de marzo o prazo de inscrición nas xornadas deportivas de Cultura Urbana de Ribadeo

Ribadeo, 22 de marzo de 2021. Desde hoxe e ata o 26 de marzo está aberto o prazo de inscrición nas xornadas deportivas de Cultura Urbana que organiza a Concellaría de Mocidade durante a Semana Santa. Están dirixidas a rapazas e rapaces a partir de 8 anos.

A edil Mariluz Álvarez Lastra explicou que “debido ás circunstancias presentes, a covid-19 e ás medidas de prevención específicas adoptadas na comunidade autónoma de Galicia, estamos na obriga de limitar e adaptar as actividades dirixidas a poboación infantil-xuvenil primando a seguridade das persoas participantes e cumprindo as medidas especiais para actividades de Tempo Libre (Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da covid-19 na comunidade autónoma de Galicia)”.

As xornadas deportivas de Cultura Urbana terá lugar os días 29, 30 e 31 de marzo de 16 a 20 horas no Parque de San Francisco.

A concelleira de Mocidade subliñou que “os rapaces e rapazas, a partir de 8 anos, poderán disfrutar dun skate park móvil, obradoiros de breaking e unha pista street football con obradoiro. Para cumprir co protocolo sanitario, co control de aforo e poder participar nas actividades é preciso inscribirse na Omix do 22 ao 26 de marzo, na Casa da Xuventude, na rúa Antonio Otero, 15 ou a través do teléfono 982 129 889”.

LUNS 29
16:00 a 20:00 Skate Park Móvil para uso libre
17:00 a 17:30 Obradoiro de iniciación ao Skate
18:00 a 18:30 Obradoiro de iniciación ao Skate
19:00 a 19:30 Obradoiro de iniciación ao Skate
MARTES 30
16:00 a 20:00 Skate Park Móvil para uso libre
16:00 a 20:00 Pista de Baile para uso libre (fóra dos horarios de taller)
17:00 a 17:30 Obradoiro de iniciación ao Skate e Breakdance
18:00 a 18:30 Obradoiro de iniciación ao Skate e Breakdance
19:00 a 19:30 Obradoiro de iniciación ao Skate e Breakdance

MÉRCORES 31
16:00 a 20:00 Skate Park Móvil para uso libre
16:00 a 20:00 Pista de Freestyle Football para uso libre (fóra dos horarios de taller)
17:00 a 17:30 Obradoiro de iniciación ao Skate e FreestyleFootball
18:00 a 18:30 Obradoiro de iniciación ao Skate e FreestyleFootball
19:00 a 19:30 Obradoiro de iniciación ao Skate e Freestyle Football

Exit mobile version