Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnado de 2º de Primaria do Ceip Virxe do Carme aprende o proceso da reciclaxe de papel

Burela, 26 de marzo de 2021. Hoxe alumnado de 2º de Primaria do Ceip Virxe do Carme aprendeu o proceso da reciclaxe de papel coa axuda das monitoras do Centro Gaia do Concello burelés.

As monitoras explicáronlles que “o papel sae da celulosa que ven da pasta de papel obtida das árbores. O impacto da fabricación de papel sobre o bosque é evidente: cada ano córtanse máis de vinte millóns de árbores soamente para fabricar papel”.

Desde Gaia subliñan que “a finalidade desta actividade é que o alumando aprenda a reutilizar dunha forma sinxela e creativa todo tipo de materiais, neste caso as follas dos xornais. Pretendemos que aprendan a importancia de reciclar o papel depositándoo no colector azul e que aproveiten e reutilizen o papel escribindo polas dúas caras ou utilizando as follas para facer anotacións”.

Exit mobile version