Site icon Crónica3.com A Mariña

As mulleres encheron as rúas da Mariña para visibilizar as desigualdades que o sistema adoita non ver e poñer de manifesto que a pandemia cargou sobre elas a parte máis importante do peso da crise sanitaria e económica

A Mariña, 9 de marzo, 2021. Este 8 de marzo as mulleres encheron as rúas da Mariña para visibilizar as desigualdades que o sistema adoita non ver e poñer de manifesto que a pandemia cargou sobre elas a parte máis importante do peso da crise sanitaria e económica.
Fixérono coidándose, coidando das compañeiras, porque é posible mobilizarse polo que corresponde e coidarse ao mesmo tempo.

A valoración é moi positiva en todas as localidades:

Barreiros: Máis dun cento de persoas achegáronse á praza do concello de Barreiros este 8M. As mulleres barreirenses quixeron honrar a memoria daquelas ás que lles roubaron os soños, ás que lles pecharon a boca arrincándolles a vida, e fixérono nun acto cheo de simbolismo enchendo a praza con candeas acesas.
Unha concentración coas máis estrictas das medidas anticovid, na que a mensaxe clara de “Sen coidados non hai vida” foi o eixe central da mesma, visibilizando dese xeito a tantas mulleres que neste país cada día sustentan os coidados… a vida, e case sempre son invisibilizadas.
Estas mulleres afianzaron que están cheas de ganas e tamén de forzas para loitar polo que de natureza é seu.

Burela: A concentración estivo animada por tamborileiras e pandereteiras coas que se cantou a Muiñeira Feminista. Repartiuse a letra para que as asistentes as acompañaran.
Foi un acto exemplar respectando todas as normas de seguridade.
Unha compañeira deu apertura ao manifesto facendo fincapé na necesidade de estar nas prazas o 8M porque hai que mudalo todo para seguir avanzando, principalmente porque non compartimos o discurso criminalizador hipócrita e machista.
Deixouse claro que non se vai permitir que as empurren a un lado nin que enchan as súas reivindicacións de culpa.

Desde Cervo e San Cibrao este ano tiñan máis ganas ca nunca de saír ás rúas a visibilizar as necesidades e as carencias que a pandemia engadiu ás reivindicacións aínda vixentes de igualdade, respecto e xustiza. Acharon de dar exemplo de responsabillidade e organización, manifestáaronse “con sentidiño”, coidándose, demostrando así que a campaña que se fixo de acoso e derribo contra o 8M, un movemento pacífico e pacifista, demostrou tan só o medo e as gañas de silenciar que hai detráis. Tiveron que soportar que se lles tildara de irresponsábeis, nun momento no que se demostrou ser un movemento responsable, medido e sempre cumprindo estritamente as medidas que o protocolo vixente dita. Sentiuse mesmo aquí a desigualdade que denunciada, xa que a outros non se lles ten esixido tanto. Estan logo máis preparadas ca nunca, respectando, adaptándose e sendo resilentes. Mulleres poderosas unidas para construir un mundo mellor!!!!

Foz: Conseguise unha resposta das mulleres da vila gratificante.
A concentración desenrolouse cumprindo as medidas que a situación actual demanda. Léronse os manifestos, soaron lemas e músicas reivindicativas e as persoas asistentes acompañaron con tambores, pandeiretas, cunchas e palmas.

Ribadeo: Unha manifestación exemplar, respectuosa cas normas de distanciamento físico anti-covid, guiada por unha ducia de firmes batuqueiras na que màis de 100 persoas percorreron as rúas da vila.

O manifesto, interpretado tamén en linguaxe de signos vertebrouse arredor da VIDA en maiúsculas: cuestións como o rexeitamento à mediciña telefónica, as reivindicacións das nais que levan 30 anos sen ver mellorado o permiso de maternidade, a precariedade das pensións das mulleres galegas ou a vulneración sistemàtica dos dereitos humanos das persoas que viven nas residencias son só algunhas das liñas que o feminismo galego quixo suliñar nesta xornada combativa.

Nin na casa, Nin Caladas.
O obxectivo é que o sistema lle outorgue aos COIDADOS a consideración de ESENCIAIS para o desenvolvemento e benestar social.

Valadouro: A praza de Sta. María acolleunas cun tendedoiro cheo de mandís visibilizando a todas as mulleres que non puideron ir á folga. Ás 19h xuntáronse medio cento de persoas para reivindicar que SEN COIDADOS NON HAI VIDA demandando atención ás galegas que viven no rural, á precariedade das pensións das galegas, á situación das empregadas do fogar e das traballadoras internas.
Mulleres de tres xeracións con lemas significativos “Loitando para que poidades ter o que eu non tiven”, “Visibilizar toda a carga mental que soportamos”, “Que ninguén me corte ás ás”.
Berraron polas que está,n as que non están, as que perigan.

Exit mobile version