Site icon Crónica3.com A Mariña

Desputado e valioso punto. Pescados Rubén BFS 2-2 Córdoba

Burela, 24 de marzo, 2021. O Pescados Rubén Burela FS conseguiu salvar un punto na rifadísima cita no santuario laranxa ante Córdoba Patrimonio de la Humanidad (2-2). Os de Sito Rivera puxeron a eficacia na primeira parte, con brillo de dúas Xoias, Pitero para estrear o luminoso e Iago Míguez para recuperar a vantaxe. Na segunda parte, os galegos deron un paso adiante pero perdoaron demasiado e o conxunto local aproveitou un roubo en pista local, na recta final, para subir o empate.

O fútbol sala volveu a Vista Alegre con intensidade e igualdade sobre a pista, con ocasións en ambas as redes. Edu estivo perfecto nos primeiros minutos para manter a salvo aos galegos fronte a un rival cun cadro moi completo. Entón o Pescados Rubén soubo aproveitar o seu momento. O brillo goleador dos galegos volveu ter como protagonista a unha das Xoias Laranxas; antes de chegar ao ecuador Pitero puxo a vantaxe aproveitando unha boa combinación entre David Pazos e Lucho. En tan só 27 segundos, os de Josan González devolveron as táboas cun potente disparo de Jesulito á escuadra. A eficacia dos galegos volveu destacar no 15, con outra Xoia; Iago Míguez subiu o 2-0, ao segundo pau, asistido por Álex Diz. Tras dúas perigosas ocasións de Shimizu, o Pescados Rubén a punto estivo de ver o terceiro cunha tentativa de Quintela, que cazou Pazos no rexeite.

O Córdoba volveu ao parqué moi entregado en ataque fronte á solidez defensiva dos galegos. Giasson evitou unha franca de Zequi e dispuxo a escuadra galega do terceiro, perdoando demasiado. Antes do ecuador do segundo acto, os de Sito dispuxeron de ata tres de ouro, coa asistencia de cabeza de Pitero a Pazos, nun pase de Iago que cortou Perín e outra do 6 burelista ante a que saíu Prieto. O meta visitante primeiro e pouco despois o pau frearon despois dúas envelenadísimas do do Ames. Tras a perfecta intervención de Edu no 34 para manter a salvo os intereses mariñáns, Prieto despregou un novo recital neutralizando o imparable ante Matamoros co rexeite de Iago Míguez, evitando unha fenda máis ampla para os galegos. A falta de 2’29” Zequi, nun roubo en pista laranxa, o visitante conseguiu o empate. Os cordobeses recorreron ao xogo de cinco con 33 segundos para a bucina sen perigo.

Regreso o domingo 4

O Pescados Rubén Burela FS retomará a competicion ligueira coa xornada 26, o domingo 4 de abril, con duelo galego a domicilio, ante O Parrulo (12.00 horas).

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Renato, David Pazos, Álex Diz, Quintela; cinco inicial; tamén xogaron Matamoros, Iago Míguez, Javi Rodríguez, Giasson, Pitero, Lucho

Córdoba Patrimonio de la Humanidad FS: Prieto, Boyos, Jesús Rodríguez, Saura, Caio, cinco inicial; tamén xogaron Pablo do Moral, Jesulito, Zequi, Shimizu, Perín, Ricardo, Manu Leal, M. Cordero

Goles: 1-0, minuto 10, Pitero; 1-1, minuto 10, Jesulito; 2-1, minuto 15, Iago Míguez; 2-2, minuto 38, Zequi

Árbitros: Gallo Suárez // Hevia Campa (Asturias). Por Burela amarela para Iago Míguez (minuto 37)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 19 (aprazada) de Primeira División Masculina disputado no pavillón Vista Alegre de Burela.

Exit mobile version