Site icon Crónica3.com A Mariña

Fallados os premios do Concurso de caretas de Entroido de Xove

Xove, 4 de marzo, 2021. A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal, puxo en marcha a finais de xaneiro unha nova edición do Concurso de caretas de Entroido. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, houbo cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha delas concedéronse tres premios consistentes en material escolar.
Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso.
Xa que a Biblioteca Pública Municipal de Xove volve a estar aberta, a organización aproveitou este feito para expor os traballos (caretas de entroido) premiados nun panel da Biblioteca, co fin de que poidan ser vistos e admirados polo público en xeral.

Os premiados/as nesta edición 2021, foron:

Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):
1º Premio: (REX. Nº 20) Adrián Rego García.
2º Premio: (REX. Nº 23) ALICIA BLANCO Valenzuela.
3º Premio: (REX. Nº 10) JESÚS LÓPEZ FRANCO.

Categoría 1º e 2º de Primaria:
1º Premio: (REX. Nº 14) DAVID BURGOS PELOCHE.
2º Premio: (REX. Nº 5) Lía Casabella Gacio.
3º Premio: (REX. Nº 8) Felipe Basanta Domínguez.

Categoría 3º e 4º de Primaria:
1º Premio: (REX. Nº 28) Óscar Bértolo Casabella
2º Premio: (REX. Nº 25) Oliva Rega Quelle.
3º Premio: (REX. Nº 18) Álvaro García Casabella.

Categoría 5º e 6º de Primaria:
1º Premio: (REX. Nº 7) UXÍA GRADAILLE DURÁN.
2º Premio: (REX. Nº 15) Berta Barro Álvarez.
3º Premio: (REX. Nº 19) Carla Casabella Puñal.

Categoría 1º a 4 º De Eso:
1º Premio: (REX. Nº 21) Miguel Fra Baltar.
2º Premio: (REX. Nº 22) Carla Mariño Otero.
3º Premio: (REX. Nº 31) Alicia Fernández Vicente.

Exit mobile version