Site icon Crónica3.com A Mariña

Fernando Vallines, das ED Lourenzá, campión autonómico xuvenil de peso

Lourenzá, 1 de marzo, 2021. Fer Vallines acaba de proclamarse campión en peso sub18 cun mellor lanzamento de 13,29, malia estrear categoría e peso de 5 kgs. En segunda posición Samuel Freiria (Celta Vigo con 12,72) e concluía terceiro Álvaro Rey (Universidade de Santiago) con 11,66. Fernando alcanza así o seu 6º título galego e contribúe a engrandecer o palmarés das escolas.

Ademáis, Manu Rodríguez en triplo salto remataba 5º con 11,84 e Alberto Ratoeira 5º de serie nos valados con 11,32.

Exit mobile version