Site icon Crónica3.com A Mariña

Labeling, rotulador oficial do Pescados Rubén

O Pescados Rubén Burela FS vén de chegar a un acordo con Labeling Rotulación, con sede no Polígono do Ceao, como provedor oficial da entidade laranxa. O presidente, Manuel Blanco, reuniuse hai uns días cos responsables da empresa, Héctor Álvarez e Toñín Carballal, na sede burelista para abordar os detalles da imaxe e presenza do club e dos seus colaboradores para garantir unha visibilidade coidada e eficaz.

Exit mobile version