Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo queda este ano sen a súa Festa dos Pepes

Mondoñedo, 12 de marzo de 2021. Dende a Directiva Organizadora da Festa dos Pepes de Mondoñedo queremos comunicar que por motivos da pandemia, non poderemos celebrar este ano a nosa esperada xuntanza de confraternidade, que debería celebrarse este domingo 14 de marzo na cidade da Paula.

A través deste comunicado queremos enviar un saúdo a todos os Pepes de Mondoñedo que ano tras ano participan neste encontro tan especial para todos. Pero tamén queremos lembrar cun recordo moi afectuoso a todos os Pepes que xa non están con nós, eles tamén forma parte da nosa historia.

Para nós a Festa dos Pepes sempre será unha data de unión, de confraternidade, de compañeirismo e de amizade que lembraremos sempre. Saúde para todos, coidádevos. E que vivan os Pepes de Mondoñedo!!!.

Exit mobile version