Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña Fora Stocks e aposta unha vez máis por impulsar as compras no comercio local

Viveiro, 2 de marzo, 2021. Dende o xoves día 4 ata o sábado 6 de Marzo serán 36 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de temporada cuns descontos incribles, chegando ata o 70% nalgúns casos. Trátase de converter o final de tempada de rebaixas nunha feira de stock.. pero dentro de cada local, convertendo a fin de semana nunha festa de compras con fantásticos descontos en miles de artigos.

Aproveitando que Viveiro está nun nivel 3 cas restricións Covid, ca hostalaría de novo aberta, esperamos que os clientes doutras localidades da comarca se animen a visitar Viveiro esta fin de semana, pasear polo casco antigo, mercar con fantásticos descontos e desfrutar dun café nunha terraza da hostalaría que tanto botamos de menos estas semanas que estivo pechada. Eso si.. sempre con sentidiño e respetando as normas.

A gran variedade de tendas que se suman a este tipo de campañas fan que sexan todo un éxito de afluencia de clientes. Participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería, xoias, mobles, decoración, artigos para o fogar, óptica e telefonía.

Os locais participantes estarán identificados con chamativos carteis de cor vermello co nome da campaña. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da liquidación de stocks.

Exit mobile version