Site icon Crónica3.com A Mariña

O persoal do Servizo de Axuda no Fogar de Foz recibe a vacina contra o Covid

Foz, 9 de marzo de 2021. O persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Foz está recibindo a vacina contra o Covid este martes e mércores.

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, explica que “no Hospital Público da Mariña están sendo vacinadas as auxiliares do SAF do Concello de Foz, seguindo os criterios da Xunta de Galicia e os protocolos sanitarios. Fano por tramos de idades: hoxe ás de máis de 55 anos e mañá, mércores, ás de menos de 55 anos”.

Ana Rojo engade que o persoal do Servizo de Axuda no Fogar de Foz está sendo vacinado agora “polos criterios do departamento de Sanidade da Xunta de Galicia, despois de que o Concello enviara no seu momento, en tempo e forma, os datos e as autorizacións de todas as auxiliares”.

“O Concello de Foz sigue dando resposta día tras día e con determinación a este enorme desafío que nos tocou vivir e que vamos deixalo atrás todos xuntos”, comentou a concelleira.

Exit mobile version