Site icon Crónica3.com A Mariña

Que muller che inspira?, concurso virtual polo 8M do Concello de Cervo

O Concello de Cervo presenta o concurso virtual programado con motivo deste 8 de Marzo, Día da Muller: Que muller che inspira?. Explica cal é a muller que che inspira dunha forma creativa (foto, debuxo, vídeo, carta…). Envía as túas creacións dinamizacion@concellodecervo.com ou por whatssap ao 691 65 66 00 ata as 17:00 horas do 8 de marzo, Día da Muller. Dúas modalidades: Xuvenil, 16 anos ou menos, con 3 premios. Sénior de 17 anos en diante, con outros 3 premios. Recorda incluír o tes datos: nome e apelidos, idade, lugar de procedencia e modalidade na que participas. Os/as gañadores/as daranse a coñecer ás 20:00 horas do 8 de marzo. #mesdamuller #díadamuller #8demarzo

Exit mobile version