Site icon Crónica3.com A Mariña

Teatro no Vicedo

Unha actividade importante para esta semana na Casa da Cultura: A representación da obra “La Pimentera”, a cargo de Dinamia Teatro, de Ponferrada, onde se aborda unha temática moi interesante no marco do 8 M: O papel das mulleres nos pobos. A representación será o sábado 6 de marzo ás 6 da tarde. Como sempre tomaranse todas as medidas de aforo e distancias establecidas pola Xunta de Galicia en relación coa COVID-19, concretamente o auditorio da Casa da Cultura está limitado a 60 persoas.

Exit mobile version