Site icon Crónica3.com A Mariña

“Traballos e Mulleres” para seguir conmemorando o 8M en Viveiro

Viveiro, 12 de marzo de 2021. Viveiro continúa coas actividades con motivo do Día Internacional da Muller. O concurso de fotografía “Traballos e Mulleres” diríxese a fotógrafos/as aficionados que deberán presentar fotografías sobre a temática da muller e do traballo, tanto no ámbito público como privado.

O Concello de Viveiro pretende con este concurso visibilizar o papel feminino en todos os sectores da sociedade.

Concederanse tres premios, de 300, 150 e 100 euros, ademais dun galardón á obra máis votada polo público de 100 euros.

Os participantes xa poden compartir as súas imaxes. As persoas interesadas deben dirixirse á web https://fotografia.traballosemulleres.com/ cubrir o formulario cos seus datos e subir a fotografía coa que desexen participar. Na web tamén se atopan as bases deste certame.

Exit mobile version