«Mondopoli», que é un proxecto sen fins lucrativos, veu a luz esta fin de semana despois de varios meses de esforzo e traballo por parte das dúas entidades. Tanto o taboleiro como as distintas pezas que integran o xogo procuran ser o máis sostibles posible e correron a cargo de comercios de proximidade. Ademais, as fichas e os billetes supoñen dous dos elementos máis distintivos do produto.
Dende este sábado, o resultado final está dispoñible para todos aqueles que queiran xogar polas rúas mindonienses sen necesidade de saír da casa. Nas vindeiras semanas comezarán a facerse os primeiros encargos, pero os prazos para as reservas seguen aínda abertos. Para máis información e consultas, están a disposición dos veciños os seguintes números de teléfono: 680783435 (Xoldra) ou 651958770 (O Pasatempo).