Site icon Crónica3.com A Mariña

36 anos reclamando un acceso digno para o barrio de A Torre, en Vilaselán (Ribadeo)

Ribadeo, 26 de abril, 2021. Un grupo de veciños do barrio de A Torre, en Vilaselán (Ribadeo) mostran o seu enfado tras tantos anos de espera. Trátase dun camiño duns 290 metros, pero 190 encóntranse coa mesma anchura que hai máis de 50 anos, cando só circulaban por el os carros do país. É tal o seu estreitamento que dificulta, e nalgúns casos impide, o paso os viandantes cando se atopan con algún vehículo, poñendo nunha situación de risco para a integridade física ás persoas maiores e tamén a todas aquelas con mobilidade reducida.

O 27 de Abril de 2008, 11 meses despois de ser nomeado D. Fernando Suárez Barcia alcalde de Ribadeo, tivemos unha primeira reunión para informalo de primeira man de todo o procedemento seguido con anterioridade e ó mesmo tempo reivindicar unha vez máis o ensanche e acondicionamento do mesmo. Nesa primeira reunión díxosenos que ata que non estivera o novo Plan de Urbanismo aprobado non se podía tomar decisión algunha. Pois ben o Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobouse o 14 de Novembro de 2014 e a pesar de varias reunións e escritos remitidos a esta Alcaldía seguimos na mesma situación, aínda que o Alcalde fixo algunhas xestións, as cales agradecemos, pero que resultaron ser insuficientes.

O que vimos reclamando desde hai 36 anos non é outra cousa máis que un acceso digno, non estamos a esixir unha avenida como Rosalía de Castro, soamente estamos a reclamar unha vía que nos permita a circulación tanto de persoas como de vehículos.

Ata Xuño de 2018 sempre estivemos dispostos a cooperar tanto no tema económico como de calquera outro índole que a Alcaldía nos tivera demandado, co fin de desbloquear unha situación que permitise levar a diante esta reivindicación. O noso ofrecemento sempre foi por diante, pero ata aquí podíamos chegar. Podemos definirnos como discretos e perseverantes, pois 36 anos así o avalan, pero a día de hoxe imos quedarnos só co segundo.

A mellora dun camiño parécenos que é un ben común ¿Ou estaremos equivocados?

Exit mobile version