Site icon Crónica3.com A Mariña

Acordo para a modificación das taxas de terrazas, auga, lixo e saneamento de Cervo

Cervo, 8 de abril de 2021. O pleno do Concello de Cervo acordou este mediodía a modificación das taxas de terrazas, auga, lixo e saneamento co obxectivo de favorecer á hostalería e ao pequeno comercio local, que estarán exentos de abonar estes canons desde o vindeiro mes de xullo.

A medida aplicarase durante 14 meses no caso do sector hostaleiro e durante medio ano no caso do comercio (medida da que se beneficiarían neste último caso medio cento de emprendedores cun aforro de entre 200 e 600 euros);coincidindo co período estival, que é a época do ano na que estes recibos soen ser máis elevados “co obxectivo de poder axudar no que está na nosa man a estes sectores tan afectados pola pandemia; tentando contribuír así ao impulso destas actividade económicas fundamentais no noso municipio”.

Por esixencias normativas, a partir de xullo, con carácter bimensual, emitiranse recibos por un valor absolutamente simbólico de ao redor dun euro; sen contar o canon autonómico da auga.

Durante o 2020 xa se foron tomando medidas nesta liña para axudar a estes sectores, de feito, entre outras medidas, aplicouse un plan de reactivación económica e social dirixido a todas as persoas autónomas do Concello que se puxo en marcha no pasado exercicio.

No pleno tamén se aprobou a modificación da ordenanza que garante a gratuidade da matrícula na Escola Infantil Municipal a partir do segundo fillo, que entrará en vigor no seguinte curso.

Exit mobile version