Site icon Crónica3.com A Mariña

Aposta polo local no Resort Las Sirenas

Viveiro, 8 de abril, 2021. Desde o pasado 12 de marzo, o Resort Thalasso Las Sirenas de Viveiro volve estar aberto no seu mirador panorámico sobre a ría de Viveiro, prestando unha especial atención ao “local”, tanto entre os seus clientes como nos produtos gastronómicos da súa carta.

Actualmente desde o complexo turístico ofrécense descontos especiais para que os seus clientes da Mariña se aloxen no Hotel Thalasso Cantábrico Las Sirenas de catro estrelas e así poidan gozar de tódolos servizos do resort sen límite de horario, como as ceas no Restaurante ou o centro de saúde e beleza con auga mariña.

O hotel abre de venres a domingo e os “mariñáns” que queiran aproveitar esta promoción simplemente deben indicar o seu lugar de nacemento nalgunha localidade da Mariña ao realizar a súa reserva e xa se lles aplica ese desconto especial.

O Restaurante Panorámico ofrece servizo de comidas de mércores a domingo, prestando unha especial atención aos produtos gastronómicos dos proveedores locais, destacando os peixes das lonxas de Celeiro e Burela, pero tamén as carnes e produtos da horta da provincia de Lugo.
De mércores a venres ofrece un Menú Executivo con ofertas gastronómicas ao prezo especial de 16 euros. Debido á normativa COVID 19, desde o hotel recomendan reserva previa no teléfono 982560200, xa que o aforo está restrinxido en tódalas zonas do restaurante e terraza.

Pola súa parte, a cafetería da terraza panorámica, ubicada na azotea do hotel con espectaculares vistas sobre a cidade e a desembocadura do río Landro, está aberta de mércores a domingo ata as 9 da noite para o público xeral.

Exit mobile version