Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros entra en nivel alto de incidencia covid. O Concello fai un chamamento á participación no crivado que se fará o martes

Barreiros, 9 de abril, 2021. O Concello de Barreiros fai un chamamento á participación no cribado voluntario organizado polo SERGAS para a prevención da expansión da COVID-19 no noso municipio, derivado do incremento de contaxios producidos nos últimos días.
As persoas que desexen participar no cribado deberán anotarse previamente.

PERSOAS DESTINATARIAS:
. Persoas que desenvolven a súa actividade laboral, profesional ou de voluntariado de cara ao público (persoal da administración; de hostalería, restauración e/ou hospedaxe; supermercados; tendas de alimentación; negocios con atención ao público; transporte público ou privado de viaxeiros; servizos asistenciais, e calquera outro sector análogo).
. Persoas que participaran nos últimos 10 días (desde o 29 de marzo) en actividades grupais de calquera tipo: actos culturais, deportivos e/ou relixiosos, encontros, andainas, comidas ou similares.
. Calquera persoa que considere que a súa actividade pode ser susceptible de contribuír á expansión do virus.

INSCRICIÓNS:
. No correo electrónico cribadobarreiros@gmail.com
. Nos teléfonos 982.31.71.33/982.31.71.37 o luns en horario de 9:30 a 14:30.

DATA LÍMITE PARA A INSCRICIÓN: ata as 14:30 horas do luns 12 de abril de 2021.

DATOS PARA ANOTARSE:
. Nome e apelidos.
. Número de DNI ou NIE.
. Teléfono de contacto.
. Sector no que desenvolve a súa activade laboral, profesional ou de voluntariado ou actividade na que tomou parte.

LUGAR DO CRIBADO: Pavillón de San Cosme.

DATA DO CRIBADO: Martes, 13 de abril de 2021 en horario de mañá.

Exit mobile version