Site icon Crónica3.com A Mariña

Boa actuación do Club de Remo Celeiro en Bueu

Viveiro, 19 de abril, 2021. Esta fin de semana o club de Remo Celeiro desprazouse a Bueu para disputar a clasificación, pase e final do campionato Galego con dúas tripulacións.

A tripulación feminina clasificouse o sábado e asegurou o su pase á final do Domingo onde lograron un meritorio 5° posto moi reñido na última palada con Mecos.

Os remeiros masculinos saíron no 4° puesto da súa tanda demostrando, como as súas compañeiras do Club, que están en moi boa liña e codéandose cos mellores clubs de toda Galicia.

Así o reflicten os resultados obtidos na clasificación xeral do Campionato Galego. O Club de Remo de Celeiro quedou 5° coa tripulación feminina e 8° coa masculina.

O Club atópase dentro do top 10 de Galicia, xa que no campionato participaron un total de 24 Clubs.

Exit mobile version