Site icon Crónica3.com A Mariña

Con seis casos activos, Viveiro ten unha boa situación epidemiolóxica, mais debe seguir primando a precaución

A Alcaldía informa que a día de hoxe hai no concello un total de 6 positivos activos por Covid-19, sendo a incidencia acumulada nos últimos 7 días inferior ou igual a 10. A situación epidemiolóxica en Viveiro é boa e mellorou con respecto á pasada semana, cando había 8 casos. Con todo, é importante non baixar a garda e, mantendo a calma, continuar cumprindo as medidas e limitacións establecidas co fin de evitar contaxios, polo que o Concello apela á responsabilidade social en beneficio de todos e todas.

Exit mobile version