Site icon Crónica3.com A Mariña

Denuncian que o Partido Popular presentou enmendas para boicotear a súa “moratoria do eucalipto”

Compostela, 12 de abril, 2021. Ecoloxistas en Acción e a Organización galega de comunidades de montes sinalan que de aprobarse as enmendas presentadas polo Partido Popular ao seu propio borrador da lei de “Recuperación de terras agrarias `poderanse seguir repoboando con eucalipto aqueles montes que no seu plan de ordenación contemplen este tipo de plantacións ou naqueles montes que no momento de entrar en vigor a moratoria estén tramitando o plan de ordenación. Denuncian que así o que fai a moratoria e garantirlles ás empresas a superfice de eucalipto que hoxe teñen. Sen importar se estas plantacións están en terras agrarias ou en zonas con protección ambiental.

“Estas enmendas converten a moratoria nun burdo engano, xa que permitirían que naqueles montes onde o eucalipto supere o 50% da masa forestal sexa plantada toda a supercie por esta especie invasora eliminando as restantes” -alerta Catalina Coya voceira de Ecoloxistas en Acción- “Así esta moratoria do Partido Popular non vai reducir o número de hectáreas de eucalipto, senon que permitirá que aumente”.

Denuncian, ademais, a trampa que sería permitir que naqueles montes onde a plantación dominante é o eucalipto se poda trasladar a outra superficie do mesmo monte a masa de eucalipto substituida por outra especie. Deste xeito se os titulares do monte queren prantar outras especies poden plantar a mesa superficie do eucaliptus eliminado en outra superficie do monte. Advirten que así a moratoria non elimina superficie de plantación de eucalipto, somentes os cambia de lugar.

“Cousa distinta sería se parello ao cumplimento da moratoria a Conselleria do medio rural realizara unha ordenación das plantacions de eucalipto que contemplara entre outras cousas a retiradas desta especie nas zonas agrícolas, agrarias ou de proteción ambiental” -declara Jose Pereira, presidente da Organización galega de comunidades de montes- “Esta ordenación da plantación de eucalipto tería que entrar en vigor no mesmo momento no que rematase a moratoria e ademais debería, nas zonas susceptible de plantación de eucalipto, ir destinando superficie para producir madeira de calidade”.

Exit mobile version