Site icon Crónica3.com A Mariña

En Ribadeo esta fin de semana “tapéase con mamá”

Ribadeo, 30 de abril de 2021. Os días 1 e 2 de maio Ribadeo Tapea con mamá da man de Acisa. A campaña do día da nai segue ata o vindeiro luns.

Tapea con mamá é a nova campaña gastronómica que pon en marcha Acisa Ribadeo os días 1 e 2 de maio. A cita, na que participan 17 establecementos asociados: Bar Galicia, Delicates, Estopa, Galipizza, Goiás, La Botellería, La Bugalla, La Lira, La Solana, Mareta, Náutico, O Alén, O Indiano, Queimada, Marinero, El Rincón del Gordo e Rosalar. Estes locais ofrecerán tapas ao prezo de 2 euros en diferentes horarios. O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembrou que “todos, a parte de indicarnos a súa tapa, fixaron os horarios para servilas, tanto a mediodía como pola tarde/noite, por iso é importante consultar as nosas redes, como o facebook @acisaribadeo, a nosa web www.acisaribadeo.es ou os dípticos distribuídos para saber en qué horario se servirán en cada negocio”.

Pérez animou “a toda a veciñanza, de Ribadeo e da comarca, a gozar da boa gastronomía e deste tapeo de fin de semana. Qué mellor plan para desconectar que aproveitar o sábado festivo e o domingo familiar do dia da nai”.

Unha xoia para outra xoia é o slogan da campaña deseñada por Acisa para celebrar o día da nai. A asociación sorteará 3 xoias entre aquelas persoas que fagan as súas compras no comercio asociado ata o vindeiro luns, 3 de maio: “nas tendas seralles entregada unha papeleta para que deixen os seus datos e o número de teléfono”, dixo o xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, que lembrou que “mañá, sábado, é día de peche obrigado para o comercio. Pero o domingo as tendas de Ribadeo abrirán no seu horario habitual para que aqueles que aínda non fixeron as súas compras para a nai o poidan facer sen problema”. O sorteo terá lugar o 4 de maio nas instalacións de Acisa, que agradece a súa colaboración a Xoiería Azabache, Pratería Gutié e Terra Branca.

Exit mobile version