Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pide que o pavillón municipal de Viveiro conte coa marcaxe para outras actividades desportivas como o bádminton

Viveiro, 30 de abril, 2021. Tendo en conta que no Concello de Viveiro existe un Clube de Bádminton que participa e organiza de maneira regular en competicións de ámbito autonómico e mesmo estatal, rogamos coñecer os motivos polos que o pavillón municipal de Viveiro non conta coa marcaxe permanente de campos de xogo para adestrar e competir, así como as accións que teñen previsto no Goberno Local para emendar a situación de perxuízo que está a padecer dito clube.

Exit mobile version