Site icon Crónica3.com A Mariña

O comité de empresa de Alcoa reunirase o luns co conselleiro de industria

Cervo, 16 de abril, 2021. O comité de empresa comezará a semana con senllas xuntanzas. O luns co conselleiro de economía e industria, Francisco Conde. O martes serán recibidos polo BNG. A poucas datas do 30 de abril, apuran os contactos para saber en que estado se atopan as negociacións da venda da pranta de San Cibrao. Mentres os sindicatos CC.OO e UGT veñen de remitir unha carta ás ministras de industria e transición ecolóxica solicitando información ao respecto.

Exit mobile version