Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove convoca unha nova edición do Concurso das Letras Galegas

Xove, 27 de abril, 2021. As Letras Galegas deste ano están adicadas á poeta Xela Arias. Como ven sendo tradicional o Concello de Xove organiza para celebrar o Día das nosas letras un Concurso destinado a nenos e mozos.

Dentro da Convocatoria hai dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a todos os nenos e rapaces do Concello, dende infantil de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello preténdese, por unha banda, un apoio á língua galega, e por outra, estimular á xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.

CONCURSO LITERARIO: Os participantes neste Concurso poden optar libremente por:
-Realizar poesía: poemas de medida e tema libres.
-Escribir un relato ou conto: de tema libre.
-Facer unha redacción: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de Xela Arias.
No Concurso Literario poden participar nenos e xoves a partires de 1º de Primaria ata 4º de ESO, ambos incluidos.

CONCURSO DE ARTES PLÁSTICAS: Neste caso, os participantes poderán optar libremente por:
-Realizar un debuxo: de tema e composición libres.
-Realización dun cómic: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de Xela Arias.

A ficha de inscrición deberá presentarse, xunto co/s traballo/s a concursar, na Biblioteca Municipal con data límite 10 de maio de 2021; se por cuestións de Covid a Biblioteca estivese pechada, a inscrición realizaríase no despacho do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina (de luns a venres, dende as 7.45 ás 15:15 horas), tamén con data límite de 10 de maio de 2021.

Exit mobile version