Son arestora 189 positivos. Destes 3 están na UCI no HULA. 7 en hospitalización (2 no Hospital da Mariña, 1 no de Monforte, 4 no HULA) e o resto en domicilio.

O vindeiro sábado 24 de abril, ás 19:30h, terá lugar no Pazo Santomé na rúa Julia Pardo, un Taller de Márketing Dixital. Abordaranse aspectos relativos a como entrar no mundo dixital con éxito, así como aproveitamento de ferramentas e medios para acceder ao entorno dixital dun modo axeitado. Organiza: Universidade Rey Juan Carlos e Concello de Mondoñedo. O acto ten prazas limitadas, polo que é preciso apuntarse na Oficina de Turismo (teléfono 982 50 71 77).
Son arestora 189 positivos. Destes 3 están na UCI no HULA. 7 en hospitalización (2 no Hospital da Mariña, 1 no de Monforte, 4 no HULA) e o resto en domicilio.
Tralo investimento de máis de 45.000 euros para o acondicionamento global das súas instalacións e a contratación dunha camareira-limpiadora, a Xunta tamén financiou a adquisición de novo vestiario con motivos infantís. “O deseño correu a cargo dunha empresa ribadense, unha iniciativa coa que contribuír a dinamizar a economía local”, segundo explicou Vega. O Grupo Municipal seguirá preocupándose pola escola infantil de Ribadeo.
Segundo a resolución do Xuíz de Competición da RFEF que acaba de recibir o Peixes Rubén Burela FS, o partido deste venres correspondente á xornada 27 de Primeira Masculina, coa visita de El Pozo Murcia Costa Cálida a Vista Alegre, queda aprazado pola aparición de sintomatoloxía compatible con Covid-19 nun xogador do equipo visitante.
O vindeiro venres, día 23 de abril (Día do Libro), no Salón de Actos da Biblioteca Municipal de Lugo, Pepe Peinó presentará a súa novela "A Solo no le gustaba su nombre". O acto será ás 19,30 horas con aforo limitado, debido aos protocolos Covid. Ademais do autor estarán tamén no acto Bernardo Penabade (lingüista e escritor, que vén de ser nomeado membro da Comisión Técnica do Centro de documentación sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega) e o músico Eloy de la Peña Rivas, que interpretará tres pezas musicais coa gaita galega.
Belinda ten 26 anos. É traballadora dunha clínica dental. Pertence á agrupación de NNXX de Burela dende o ano 2019. Incorporouse así á directiva nacional no congreso celebrado esta fin de semana no que Bea Fanjul tomou o relevo como presidenta; cargo que ocupou ata entón o galego Diego Gago.
A iniciativa está promovida por EscapadaRural.com. A plataforma web especializada en aloxamentos rurais máis importante de España seleccionou á poboación asturiana xunto a outras nove entre 247 candidaturas recibidas na V edición destes premios. Ábrese agora o período de votación popular para elixir o vencedor a través dun
site que permanecerá aberto ata o 14 de maio, e non será ata o 18 de maio cando se faga público o nome da nova Capital rural.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital