Site icon Crónica3.com A Mariña

Os servizos de emerxencia rescatan a un home que faleceu despois de caer da súa embarcación no Vicedo

O Vicedo, 11 de abril, 2021. O helicóptero Pesca II do Servizo de Gardacostas de Galicia rescatou esta tarde a un home que caeu da súa embarcación nas proximidades da Praia de Abrela, no Vicedo.

O home foi evacuado na aeronave ata o Hospital de Burela, onde tan só puideron confirmar o seu falecemento.

Unha persoa particular alertou ao 112 Galicia dunha embarcación co motor en marcha e sen tripulación preto do lugar de Abrela, ao fío das 16:00 horas.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Policía Local e Nacional, á Garda Civil e a Protección Civil do Vicedo.

Exit mobile version