Site icon Crónica3.com A Mariña

Para UDIVAL o cambio de sentido na circulación no casco urbano de Ferreira, é “a planificación sen plan”

O Valadouro, 23 de abril, 2021. Cando en todo el mundo téndese a minimizar a sinalización vertical e a facer trazados más rectos, fáciles e intuitivos polo centro dos cascos urbanos, o equipo de goberno de O Valadouro está realizando en Ferreira unha “mellora” da circulación viaria que moitos veciños tildan, con razón, de absurda…

Levamos varias semanas nas que non se para de poñer sinais verticais, e as que quedarán… porque hai 119 compradas segundo o proxecto.

Algunhas estanse a colocar nos lugares más inverosímiles e perigosos, incluso directamente na vía, cando está demostrado que este tipo de sinais supón un risco, sobre todo para motoristas e ciclistas, e de feito, nestes poucos días, algunha xa causou accidentes, grazas a Deus sen danos persoais polo de agora.

Noutras zonas a masificación é tal que parece tratarse do trazado dun circuíto, como sucede na explanada do Parque Concepción Arenal. Claro que, buscándolle unha utilidade a este despregamento, hai que sinalar que agora podemos propoñer á Xefatura Provincial de Tráfico que teñan este pobo en conta para a realización das probas da licenza de conducir, porque si un chofer novel logra superar unha voltiña por Ferreira, sen saltarse o levar por diante algunha sinal, estará preparado para circular por calquera cidade do mundo sen problemas.

Respecto ó novo trazado, encontramos tantos sen sentidos que xa non sabemos que destacar. Hai rúas nas que as normas impostas rozan o absurdo como é o caso de Triana, na que os veciños vense obrigados a baixar e subir como nun Scalextric. Aínda que a maioría dos habitantes do pobo non saen moito mellor parados porque para poder acceder ó centro ou para ir cara a Foz, Mondoñedo ou Ribadeo desvíanos ata á zoa onde se encontra o colexio, a piscina, un parque infantil, a gardería, a residencia da terceira idade e a Casa da Cultura e, para máis inri, todos os vehículos que veñan de Alaxe, Tanín, parte de Sta Cruz e Budian ou Vilacampa tamén deberán ir por alí, incrementándose perigosamente o tránsito rodado nunha zona frecuentada por nenos e maiores.

Tamén é complicado entender porqué o novo plan presenta un trazado ondular por Andrés López Palmeiro. Os vehículos entran polo carril da esquerda, logo pasan ó da dereita para, pasada a praza, volver a esquerda e, aínda por riba, existirán zonas de estacionamento cun máximo de tempo permitido de 20 minutos, e os venres dende a primeira hora da mañá non se permite utilizar numerosas prazas para deixar os sitios libres para os postos do mercado do sábado. Nós comprendemos que hai que ser previsores, pero 24 horas de antelación parécenos excesivo.

O que queda claro e que agora quen veña a Ferreira e ata os que vivimos aquí teremos que poñer os cinco sentidos e fixarnos moito, pois con tanta sinalización e normas novas, con nada que nos despistemos ou entreteñamos pode que acabemos“infrinxindo a lei”.

Dende UDIVAL, pedimos que este goberno deixe de complicarlle as cousas ós veciños e de dilapidar cartos. Agora acaba de gastar case 50.000€ neste planeamento, pero xa antes enterrou: 45.000€ na Aula da Natureza (que nin sequera sabemos para que sirve), no antigo matadoiro municipal, xa non se sabe cantos MILLEIROS de euros no proxecto-soño dos invernadoiros, ou no notable incremento do parque móbil e maquinaria muncipal.

Se non fora porque hai moitos cartos gastados e serían tirados, e porque a nosa percepción pode estar errada, pediríamos volver á planificación viaria anterior, pero nestes intres, cos cartos xa invertidos, parécenos unha insensatez pola nosa parte. O tempo e os veciños, son os que realmente demostraran se este cambio é un erro.

Agora mesmo o único que podemos facer dende a oposición é aportar un pouco de sentido común coas nosas mocións e rogos. De feito neste próximo pleno pediremos varios cambios e axustes, como que se elimine a sinalización vertical que está, nalgún caso, invadindo a vía.

O triste de todo isto é que neste caso o goberno municipal de O Valadouro, e o noso ben querido alcalde seguindo a súa pauta habitual, excepto cando necesita cartos do remanente bancario, antes de poñer en marcha o novo plan viario, non consultou os cambios nin co resto dos grupos políticos nin cos veciños, quedando claro que aínda hai gobernantes que se cren posuidores da razón absoluta.

Exit mobile version