Site icon Crónica3.com A Mariña

Un documental repasa a historia do Resu

Viveiro, 27 de abril, 2021. Que mellor maneira de soportar este novo ano sen festival que coa parte documental do noso Resurrection Fest Estrela Galicia En liña. O vindeiro xoves 29 de abril ás 22:00 e por petición popular subirase un vídeo con todo o documental “Resurrection Fest: a historia (2006-2020)”, editado especialmente para poder ver todo o seu contido de maneira contínua. É algo reclamado desde Resurrection Fest En liña, e por fin poderase ver con calma nas casas.

Inclúe:

– A historia de como se creou o festival contada polos seus propios creadores.
– Un percorrido pola edición de cada ano ata 2020
– Declaracións dos artistas que pasaron por Resurrection Fest.

Unha ollada á historia do Resurrection Fest desde o interior do propio festival durante máis de 75 minutos que repasan estes 15 anos de paixón e música. Quedará subido na canle para velo cantas veces se desexe.

Exit mobile version