Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha alfombra floral dedicada ao Camiño Norte na praza da Catedral de Mondoñedo

Mondoñedo, 20 de abril, 2021. A praza da catedral lucirá unha alfombra de flores dedicada ao “Camiño do Norte” que pasa por Mondoñedo o 24 de abril, organizada pola comision xestora de entidades alfombristas do Camiño de Santiago, que ten a súa sede en Ponteareas

Esta comisión ten como obxectivo principal todas aquelas actividades dirixidas á difusión, divulgación e promoción do Camiño de Santiago e do patrimonio material e inmaterial vinculado a el. Destacando a riqueza cultural, natural e humana do Camiño de Santiago.

Os alfombristas preparan dous grandes proxectos para o Ano Santo 2021.

O primeiro denominado “Alfombras para o Camiño”, co que queren poñer en relevo os diversos camiños que conflúen en Santiago de Compostela, a través de algo moi noso, como son as alfombras de flores que cada ano realízanse en centenares de vilas e pobos de Galicia e España, con motivo das festas do Corpus Christi.

Para iso propoñén elaborar diversas alfombras de flores, en lugares emblemáticos, de cada un dos distintos camiños que conflúen en Santiago de Compostela, desde xaneiro a xuño para acabar rematando cunha gran alfombra floral en Santiago de Compostela o 25 de Xullo.

No proxecto de Alfombras para o Camiño elíxese a cidade de Mondoñedo como representante do Camiño Norte. Mondoñedo, capital dunha das sete antigas provincias do Reino de Galicia, reúne un dos conxuntos histórico-artísticos máis relevantes do Camiño do Norte. Esta vía é tan antiga como o Camiño Francés, os reis europeos da Idade Media inclinábanse por ela para chegar a Santiago. Conforme avanzou a Reconquista e os terreos do sur recuperaron a paz, o Camiño do Norte cedeu aos poucos protagonismo. Durante séculos apenas foi utilizada polos peregrinos, con todo, o auxe do camiñar a Santiago devolveulle o seu status como roteiro e comeza a ser de novo moi popular. A distancia que percorre é a segunda máis longa, por detrás da Vía da Prata.

Para iso alfombristas de Ponteareas desprazaranse a Mondoñedo o sábado día 24 de Abril, para realizar esa alfombra na Praza da Catedral. Sendo o motivo da mesma o Rosetón da Catedral-Basílica. O Papa Xoán XXIII, mediante unha bula datada o 9 de marzo de 1959 nomeouna Basílica e foi declarada Monumento Nacional en 1902.

Xa pola tarde no auditorio municipal celebrásese a 1ª Xornada entre os alfombristas de Mondoñedo e Ponteareas onde partillarán experiencias na elaboración das alfombras do Corpus Christi en senllas cidades.

Exit mobile version