Site icon Crónica3.com A Mariña

Vía Galega preséntase en Ribadeo

Ribadeo, 6 de abril, 2021. Vía Galega é unha plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, creada en 2018 a partir da xuntanza de máis de 40 entidades de diferentes tipos e eidos: do sindical ao cultural, do ambientalista ao educativo, dos centros sociais ao campo estudantil, pasando polo internacionalismo, a música popular, a memoria histórica, etc. O seu obxectivo principal facer campaña na sociedade galega e promover iniciativas de todo tipo para popularizar e crear conciencia arredor da realidade nacional galega e do dereito de Galiza a decidir libremente o seu estatus político.

O acto terá lugar o sábado día 10 ás 19:00h no Teatro de Ribadeo.

Intervirán: Pilar Vázquez como representante de Vía Galega na Mariña e Uxío Breogán, historiador e profesor da UDC.

Dada a actual situación sanitaria derivada do Covid-19, o aforo é limitado e deberánse seguir estritamente as normas das autoridades.

A charla poderá, tamén, seguirse a través da conta de Facebook da Agrupación Cultural Francisco Lanza.

Exit mobile version